A aplicación Google Translate para terminais con Android renova a súa aparencia para incorporar novas posibilidades coma o ditado de frases para a súa tradución automática e a tradución de SMS. Tamén incorpora en probas o novo modo de conversa, que facilita a realización de conversas xunto a unha persoa que fale outra lingua, coa que poderemos falar a viva voz contando con traducións automáticas entre ambas linguas, achegándose cada vez máis á tradución en tempo real, que parece o futuro da combinación das tecnoloxías de recoñecemento de voz, tradución automática e síntese de voz.
A aplicación Traductor de Google xa soporta 53 linguas, aceptando 15 das mesmas a nivel de voz, e funcionando en terminais con Android 2.1 ou superior.
Google avanza cara á tradución en tempo real
Compartir Este Artigo

