O proxecto local de Tuenti presente a través do seu servizo Tuenti Sitios (que sitúa establecementos comerciais, hostaleiros e culturais de toda España permitindo socializalos mediante comentarios sobre os mesmos e enriquecendo a súa información con contidos xerados polos usuarios) vén de dar un paso de xigante ao chegar a un acordo con Yell para integrar a información de Páginas Amarillas de xeito que van a incrementar o número de sitios verificados ata preto dun millón, o que contribuirá a que esta plataforma de información local gañe o peso suficiente como para converterse en todo un referente en España.
Entre os sitios de interese que van a incorporarse destacan as categorías de lecer con restaurantes, spas, librarías, tendas e comercios, e mediante este proceso acelérase o proceso de verificación de cada sitio, aos que os usuarios particulares continuarán a poder incorporar información.
Aparte da información xeral de cada sitio e a súa ubicación, cada ficha amosa tamén un mapa dinámico, fotografías, índices de popularidade e comentarios de outros usuarios que comparten a preferencia polo local en cuestión.
Tuenti Sitios incorporará preto dun millón de establecementos de Páginas Amarillas
Compartir Este Artigo
