A Tropa de Trapo, a película galega de animación en 3D estereoscópico de produción galega vén de facerse co Premio á mellor longametraxe de animación na 3ª edición dos Premios Gaudí, outorgados pola Academia de Cine Catalana.
A cinta, que se estreou o pasado 29 de outubro nas salas comerciais 3D de toda España, tivo unha grande acollida por parte do público infantil, e a proba da súa calidade obtena agora con este recoñecemento por parte dunha das máis importantes academias de cine de España.
A película, dirixida por Alex Colls e producida por Anera Films, Continental Animación, Abano producións e A tropa de trapo S.L., vai dirixida aos nenos e nenas de entre 3 e 7 anos, e está a ser distribuída por Alta Films Classics.
A Tropa de Trapo obtén o recoñecemento da Academia de Cine Catalana
Compartir Este Artigo

