Tras 2 anos en funcionamento, a tenda de aplicacións para terminais con Android de Google, o Android Market, estrea páxina web dende a que poder acceder ás máis de 100.000 aplicacións, xogos e widgets que figuran neste catálogo de software que combina contidos de pagamento e de balde.
A páxina web do Android Market non só axudará a descubrir novas aplicacións e os seus detalles, senón que tamén permite seleccionar as aplicacións que queremos descargar, para que estas instálense automaticamente no dispositivo que teñamos rexistrado coa nosa conta de usuario de Google, o que habitualmente resulta máis cómodo e áxil que facelo dende o propio terminal móbil.
Os usuarios do Android Market tamén poden consultar o seu historial de instalacións e os dispositivos asociados á súa conta.
O Android Market estrea páxina web
Compartir Este Artigo
