A interface de Android mudou profundamente para adaptarse aos tabletsComo anticipo ao que poderemos ver no Mobile World Congress de Barcelona, a xente de Google realizou onte unha presentación relativa ao Android 3.0, tamén coñecido coma Honeycomb, que é o primeiro achegamento do sistema operativo móbil promovido por Google aos dispositivos tipo tablet, de xeito que poderán competir seriamente co iPad, o que nótase no profundo redeseño da súa interface de uso, que muda considerablemente con respecto ao Android 2.x (para móbiles), co que debería fusionarse máis adiante (polo momento os móbiles seguirán en versión 2.3, 2.4 e sucesivas). Os usuarios que adquirisen tablets con Android nos últimos meses verán as súas expectativas frustradas por estar deseñado o novo sistema operativo para tirar proveito de procesadores de máis dun núcleo, de xeito que dispositivos coma o Samsung Galaxy Tab quedarían fóra da nova aposta de Google, e precisamente este xeito de rachar co pasado é o que pode garantir o éxito desta plataforma (xa que os tablets con Android actuais son, coma mínimo, decepcionantes, achegando unha experiencia de uso moi inferior á do iPad de Apple). A aplicación de correo electrónico tamén cambiou a súa aparencia en Android 3.0A interface de uso do Android 3.0 aproveita o maior tamaño da pantalla dos tablets amosando máis información e con elementos gráficos moi fluídos grazas ao aproveitamento da aceleración gráfica por hardware dos novos tablets, facendo incluso uso de gráficos tridimensionais, polo que incluso os videoxogos terán un desenvolvemento satisfactorio en Honeycomb. No escritorio tamén poden colocarse widgets, pequenas aplicacións que nos tablets xogan un papel moito máis importante que nos móbiles, ao facilitar o acceso a aplicacións, contactos, arquivos multimedia ou funcionalidades concretas dalgunha aplicación, sen ter que abrir ningún programa para facer tal, o que resulta moi áxil e que constitúe un dos principais elementos diferenciadores fronte a iOS (así coma o feito de contar con multi-tarefa real). As aplicacións propias de Android coma o navegador web ou o cliente de correo electrónico xa están adaptadas ás pantallas dos tablet, e incluso hai unha boa colección de aplicacións de terceiros (AccuWeather, CNN, Pulse News, Quickoffice…) que fixeron tal nas últimas semanas, de xeito que cando chegue ao mercado o Motorola Xoom (tablet insignia do Android 3.0) poderase valorar axeitadamente a evolución deste sistema operativo que promete ter tanto éxito en tablets coma tivo nos móbiles.
Vídeo coa presentación completa de Google sobre Android 3.0