A empresa viguesa Krasis, a través do seu proxecto de formación campusMVP vén de incorporar ao seu catálogo os cursos sobre as novas certificacións oficiais de Microsoft destacando polo feito de que este sistema de e-learning conta co selo de Aprobado Garantido, converténdose na primeira empresa en comprometerse en devolver o importe íntegro dos cursos no caso de non superar o exame de certificación oficial de Microsoft correspondente.
Actualmente Krasis é a empresa líder en España na formación en liña de programadores Microsoft, con cursos destinados a preparar as certificacións oficiais e con outros materias docentes de grande utilidade para os profesionais do sector, demostrando a súa confianza no seu produto ao garantir resultados con esta nova iniciativa na que garanten o aprobado dos seus alumnos, aínda que dende a compañía tamén aseguran que o seu obxectivo non é só superar as probas de Microsoft, senón tamén que os alumnos aprendan e poidan aproveitar a materia na práctica do seu traballo diario.
Ata o momento están suxeitos á garantía de Aprobado Garantido os cursos de preparación para as certificacións 70-516 TS (Accessing Data with Microsoft .NET Framework 4) e 70-515 TS (Web Applictions Development with Microsoft .NET Framework 4) con prezos de 995 euros cada un.
Krasis garante os resultados dos seus cursos en liña de preparación para certificacións oficiais de Microsoft
Compartir Este Artigo
