O Consello de Ministros aprobou hoxe o proxecto de Lei do Xogo, que recolle novidades como a cesión as comunidades autónomas das competencias sobre os novos impostos que se aplicarán ás apostas en liña (agás para operacións efectuadas dende fóra do España, das que se encargará o Estado), negocios que ata o momento carecían de regulamento, e que agora inclúe elementos tan polémicos coma que terán que tributar segundo os seus ingresos brutos (e non dos seus beneficios) o que dende o sector aseguran que imposibilita o negocio, polo que avogan por unha fiscalidade baseada en ingresos netos como en Gran Bretaña ou Italia.
O proxecto de lei tamén recolle medidas como a creación dunha Comisión Nacional do Xogo para supervisar o sector, así como establece medidas para protexer a menores de idade e a ludópatas.
A nova regulación evitará que as casas de apostas en liña estean libres do pagamento de impostos en España, á vez que formalizará a privatización das Loterías e Apostas do Estado, entidade que conservará o monopolio das loterías.
O Goberno vai regular as apostas en liña
Compartir Este Artigo
