Os usuarios de terminais con Android hai tempo que poden facer uso de Google Translate, unha aplicación que aproveita o servizo de tradución de Google para converter entre 2 das máis de 50 linguas soportadas os textos que introduzamos, dos que 15 poden recoñecerse a viva voz e 23 poden ditarse a partir do seu texto correspondente, o que non era posible para iPhone e iPod Touch por limitacións impostas por Apple, de xeito que Google elaborou unha versión web (en HTML5) do servizo de tradución.
O cambio las condicións para o desenvolvemento de aplicacións para iOS mudaron hai uns meses, agora é posible que Google recupere Google Translate como aplicación nativa para iPhone, de xeito que xa pode descargarse directamente da App Store. Esta ferramenta permite, aparte da tradución, a consulta de palabras soltas no dicionario, polo que resulta de grande utilidade pola alta dispoñibilidade das aplicacións móbiles.
Google Translate estrea aplicación para iOS
Compartir Este Artigo

