
Ao parecer si existe un prototipo do devandito móbil, aínda que a compañía de Cupertino en ningún momento confirmou que fose a comercial un produto semellante, e durante as diversas presentacións públicas da compañía nos últimos anos comentouse todo o contrario (ante os reiterados rumores do lanzamento dun IPhone mini), pois Apple tende a manter un catálogo de produtos reducidos de alta gama, fuxindo das súa popularización masiva que podería desvalorizar a súa marca.
Para non collerse os dedos pola súa arriscada información, dende Bloomberg non desbotan que o posible iPhone 4 que podería venderse libre por uns 200 dólares podería demorarse ou non ver a luz nunca.
Rexurden os rumores iPhone máis pequeno e barato
Compartir Este Artigo
