
Os móbiles en concreto son os HTC ChaCha e HTC Salsa, que funcionan con Android 2.3.3 e a última iteración de HTC Sense para a súa integración con Facebook, de xeito que, por exemplo, ao realizar ou recibir unha chamada telefónica, podemos ver a última actualización de estado e as últimas fotografías do amigo co que queremos falar e incluso poderemos saber se está próxima a celebración do seu aniversario. Estes terminais tamén contan con distintos widgets de Facebook para personalizar os seus escritorios.

O HTC ChaCha muda de formato, e preséntase coma un terminal de tipo barra con teclado QWERTY (la liña dos móbiles de BlackBerry), conta cunha pantalla táctil de 2,6 polgadas cunha resolución de 480 x 320 píxeles e coincide en prestación co seu irmán o HTC Salsa, agás pola súa batería (de só 1.250 mAh) e as súas dimensións (114,4 x 64,6 x 10,7 milímetros).
Estes novos móbiles estarán dispoñibles en Europa a partir do segundo trimestre do ano, prometendo un prezo moi competitivo.
HTC fabricará móbiles cun botón dedicado a Facebook
Compartir Este Artigo

