Microsoft reaccionou á mala sona de Windows Vista reformando o seu sistema operativo nun prematuro Windows 7, que conseguiu de xeito rápido e doado que os reticentes a actualizar o seu sistema operativo dese un paso adiante, aínda que o novo software non estaba ausente de defectos, dos que moitos veñen de ser corrixidos, á vez que se amplía o seu soporte de hardware, a través do Service Pack 1 para Windows 7 (e Windows Server 2008 R2), que xa pode descargarse a través de Windows Update ou do servizo de descargas en liña de Microsoft (pensada esta última versión para a actualización masiva de ordenadores na empresa).
Esta actualización facilita manter os equipos informáticos actualizados e compatibles con diverso hardware e software, permite a cargar de vez unha serie de actualizacións acumulativas que foron publicándose durante meses, ofrece un amplo conxunto de innovacións de virtualización e un novo modelo de implementación de Service Pack para obter unha maior eficacia nos departamentos de informática.
As actualizacións de Windows 7 e Windows Server 2008 R2 xa levan un par de semana subministrándose aos fabricantes e distribuidores de equipos informáticos para que poidan integralos nos ordenadores antes da súa entrega ao público, para que os usuarios finais teñan a mellor experiencia posible cos seus novos equipos.
Xa está dispoñible o Service Pack 1 para Windows 7
Compartir Este Artigo

