Entre os días 28 e 31 de marzo terá lugar na Facultade de Informática unha nova edición das Xornadas Libres (antes coñecidas como Xornadas de Software Libre) organizadas pola Asociación Universitaria Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL).
Os interesados no evento deben remitir un correo electrónico co asunto «[XL] Asistencia» co seu nome completo para poder estimar a asistencia e o aforo necesario. Tamén é posible solicitar un certificado de asistencia remitindo por correo electrónico o número de DNI e a condición de socio de GPUL.
O programa das xornadas é o que segue:
Luns 28 (Aula LP 2.1w, en fronte da aula de graos) – 16:00 – Serafín Villar (GPUL): Introducción a sistemas operativos libres – 17:00 – Antonio Yáñez Izquierdo (FIC): El mundo BSD y sus peculiaridades – 18:00 – Juan Quintela (FIC): Git: Control de Versiones Moderno – 19:00 – Mario Sánchez Prada(Igalia): Control de versiones con git, Más allá del commit – 20:00 – Sergio Padín Varela (GPUL): Taller de RealTimeBattle
Martes 29 (Aula de Graos) – 16:30 – Francisco J. Tsao Santín (GPUL): El olvidado RFC 1855: Netiqueta – 17:30 – Juan Álvarez Fernández (GPUL): Cómo trabajar en la shell y aún así divertirte – 18:30 – Alejo Pacín Jul (GPUL): Fomentando a infidelidade interfactual – 19:30 – Óscar García Amor (GPUL): Tu servidor web: WordPress
Mércores 30 (Aula de Graos) – 16:30 – Gael Sánchez Rivas (LET): Software libre y planeamiento urbanístico – 17:30 – Pablo Giménez Fandiño (ESF-GPUL) e Francisco J. Tsao Santín (GPUL): Software libre en cooperación – 18:00 – Francisco Puga (CartoLab): gvSIG-Fonsagua – 19:00 – Xabier Rodríguez Calvar (Igalia): Playing audio/video with GStreamer with a few lines of code – 20:00 – Mauro Silvosa (GPUL) e Emilio J. Padrón (GPUL): Documentación de alta calidade con LaTeX
Xoves 31 (Aula de Graos) – 12:30 – José Millán Soto (KDE España-GPUL): Introducción al lenguaje Python – 13:30 – José Millán Soto (KDE España-GPUL): Introducción al desarrollo con Qt y KDE Development Platform – 16:30 – Pablo Giménez Fandiño (ESF-GPUL): Fon FAQ: sácale partido a tu Fonera – 17:30 – Alejo Pacín Jul (GPUL): Cacharreando con hardware libre, breve introducción a Arduino. – 18:30 – Sergio Padín Varela (GPUL): Torneo de RealTimeBattle – 19:30 – Óscar García Amor (GPUL): Tu servidor web: Redmine
O GPUL organiza novas Xornadas Libres na Coruña
Compartir Este Artigo
