Os interesados en reproducir toda serie de arquivos multimedia no seu televisor de alta definición teñen á súa disposición a nova familia de reprodutores ScreenPlay DX HD de Iomega, que está composta polos dispositivos ScreenPlay TV Link DX HD e ScreenPlay DX HD con capacidades de disco de 1 e 2 Tb.
O Iomega ScreenPlay TV Link DX HD conta con saídas HDMI, de vídeo composto e de audio óptico, conexións Ethernet e USB 2.0, soporte de unidades de disco duro externas en múltiples formatos (FAT32, NTFS, HFS+, Ext2 e Ext3) e con soporte de múltiples formatos gráficos, de son e vídeo ata 1.080p a 60 imaxes por segundo (en MKV, H.264, WMV, FLV, DivX…). Tamén soporta subtítulos en ficheiros independentes, é compatible con adaptadores Wi-Fi USB de Iomega e o seu prezo de venda é de 129,90 euros.
O Iomega ScreenPlay DX HD coincide en prestacións con seu irmán cativo, agás polo feito de incorporar tamén saídas de vídeo composto e S/PDIF, e véndese por 199,90 euros cun disco duro integrado de 1 Tb e por 239,90 euros cun 2 Tb de capacidade.
Novos reprodutores de alta definición de Iomega
Compartir Este Artigo

