O servizo de música a través de streaming Spotify, popular polo seu inmenso catálogo e por ter un modelo de negocio Freemium (combina usuarios de balde cos de pagamento) anunciou un cambio nas súas condicións de servizo, de xeito que os millóns de usuarios que acceden á súa música de xeito gratuíto verán limitada a reprodución musical en liña do seguinte xeito: – os novos usuarios de Spotify poderán gozar do servizo de balde durante os primeiros 6 meses – os usuarios que se desen de alta entre o 1 de novembro de 2010 e o vindeiro 1 de maio poderán escoitar cada canción un total de 5 veces. Os que se desen de alta despois do pasado novembro verán que as limitacións non se aplicarán ata 6 meses despois da súa alta – adicionalmente, o tempo de reprodución para os usuarios de balde estará limitado a 10 horas ao mes tras os primeiros 6 meses
Esperan que estes cambios no servizo continúen a permitir aos usuarios descubrir nova música, á vez que poderían incrementar o número de clientes de pagamento e, precisamente por iso, en maio permitirán probar de balde Spotify Premium durante 30 días.
Spotify porá cancelas aos usuarios de balde
Compartir Este Artigo

