O CASIO G’zOne Commando chegará mañá ao mercado norteamericano da man de Verizon Wireless, e aínda que non sabemos cando chegará ao resto do mundo, as súas características resultan rechamantes, pois estamos ante un móbil con Android 2.2, pantalla táctil de 3,6 polgadas cunha resolución de 480 x 800 píxeles, 512 Mb de RAM e 1 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb, Wi-Fi N, Bluetooth, cámara de 5 Mpíxeles (con enfoque automático, gravación de vídeo e flash LED), batería de 1.460 mAh e, especialmente, unha carcasa reforzada que supera o estándar militar 810G para inmersión, choiva, resistencia a golpes e po, vibración, humidade, radiación solar, altitude e temperaturas extremas.

Verizon Wireless ofrecerá o terminal por 199,99 dólares aos seus clientes que subscriban un compromiso de permanencia de 2 anos cunha tarifa telefónica que inclúa datos (ou sexa, cunha tarifa mínima de 29,99 dólares/mes).
Casio casa resistencia e o sistema operativo Android nun novo móbil
Compartir Este Artigo

