Imaxe dun obradoiro organizado por MeLiSAA Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA) realizou un comunicado a través do que pretenden abrir un debate sobre o uso que estamos a facer da tecnoloxía como sociedade, concretamente nas actividades relativas ao software libre, á vez que realizan unha serei de esixencias dirixidas ao seu ámbito local, entre as que estearían a revitalización do Telecentro de Melide (ofrecéndose a colaborar na organización de actividades de difusión do software con licenza libre) e a posta en marca de novos servizos na páxina web do Concello de Melide (de xeito que servizos frecuentes como a solicitude do empadroamento ou a reserva de pistas deportivas poida facerse en liña). Esta asociación con 2 anos de vida, período no que realizaron diversas actividades de divulgación do software libre, tamén defende no seu comunicado o uso do galego nas TIC, a reciclaxe de equipo obsoletos, os formatos abertos e accesibles, o software libre na escola e o espallamento da banda larga no rural.