Este xoves ás 11:00 horas terá lugar no Telecentro do Edificio Multiusos de Melide unha pequena charla de achegamento ao Software Libre impartida pola Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA) en colaboración co persoal de PARNET-TIC de Melide.
Durante esta actividade explicaranse os conceptos básicos para entender o movemento de código aberto e exporanse algúns casos práctico como o de cómo afecta á nosa vida cotiá o uso deste tipo de software, por exemplo, á hora de mercar un ordenador.
Aínda que está dirixida a alumnos que estean asistindo aos cursos organizados por PARNET-TIC, a asistencia está aberta a calquera que desexe participar.
Charla de achegamento ao software libre en Melide
Compartir Este Artigo
