
Este evento, que na súa primeira edición recibiu a visita de máis de 100 persoas procedentes do sector das TIC, dos negocios on-line, do marketing e da innovación, entre outras disciplinas, medrou en obxectivos, e ademais de repartir as súas actividades en dúas xornadas, este ano vai dar acubillo a un maior e máis variado número de relatorios, obradoiros, case studies, actividades de networking…, así como a un completo salón profesional (a gran novidade desta edición) onde as entidades participantes poidan dar a coñecer o seu labor.
Máis polo miúdo, trátase dunha área zona denominada b-linked, á que se pode acceder de balde e na que se atopan os stands das empresas máis destacadas do sector.
As persoas que acudan a este encontro profesional de dixital business, poderán darlle resposta ás dúbidas que xurdan en torno a todoo relacionado co marketing 2.0, da man de máis de 35 profesionais, que afondarán nesta revolución da comunicación a través da súa propia experiencia.
O programa, que se pode descargar en PDF, achega ao detalle tódalas seccións que os visitantes poderán atopar nesta feira tecnolóxica, das que destacan as que seguen:
- b-updated: espazo no que se van suceder distintos relatorios e cases studies, da man de distintos profesionais de recoñecido prestixio do entorno 2.0.
- Workshops: unha das necesidades actuais máis demandadas polas empresas é o desenvolvemento dun Social Media Plan eficaz; estes espazos de traballo farán posible que os axentes empresariais interesados poidan mellorar os seus coñecementos neste senso.
- b-twitt: será unha zona de descanso onde as persoas asistentes poderán conectar ordenadores e twittear, favorecendo o intercambio de información coas persoas do exterior.
- b-demo: esta área permitirá que toda empresa que o desexe poida darse a coñecer; cada expositor terá a posibilidade de falar durante 20 minutos sobre a súa proposta, e seducir ao público asistente que non ha ser pouco.
Este encontro pretende achegar as novas tendencias tecnolóxicas ao mundo empresarial e do marketing polo que está orientado a axencias de comunicación, empresas TIC, creativos e medios de comunicación, porén, visto o programa, de seguro pode ser de proveito para todo tipo de público con interese polas tendencias 2.0.

