O Grupo de Delitos Telemáticos (GDT) da Unidade Central Operativa da Garda Civil dá o saltao á plataforma de telefonía móbil para achegarse aos que os necesitan, de aí que inicien a campaña A tu lado, que ten como obxectivo facilitar o contacto coa Garda Civil para solicitar auxilio, informar dun delito ou coñecer mellor ao corpo de seguridade. Deste xeito, creáronse distintas aplicacións, coas mesmas funcionalidades, para os sistemas operativos iOS, Android e Windows Phone 7 coas que se poderán coñecer as novidades e consellos que no campo das TIC van ofrecendo polo GDT da Garda Civil.
Esta plataforma facilita informar ou denunciar dende o móbil feitos que poidan constituír delito que observe o cidadán, localizar cuarteis da Garda Civil nas proximidades e colaborar coa Garda Civil para conseguir unha Rede máis segura.
Dende hoxe xa están dispoñibles as mencionadas aplicacións móbiles para a súa descarga de balde, podendo consultarse as súas prestacións na App Store de Apple e no Android Market (a versión para Windows Phone 7 aínda non figura na páxina web de tal plataforma).
En paralelo, a páxina web da GDT tamén facilitará as funcionalidades das aplicacións móbiles, para que os usuarios que non conten con smartphones poidan gozar dos mesmos servizos en mobilidades.
Estes desenvolvementos son froito da colaboración con Lleida.net, compañía especializada na certificación de mensaxes de telefonía.
O Grupo de Delitos Telemáticos da Garda Civil estrea aplicacións móbiles
Compartir Este Artigo

