A Universidade a Distancia de Madrid (UDIMA), que grazas á súa aposta polos novos formatos e as novas tecnoloxías permite titularse en estudos superiores sen ter que acudir a unha aula física, vén de facer pública a súa oferta formativa de cursos de verán para o mes de xullo, coa principal novidade de que este ano moitos deles serán de balde.
Trátase dunha oferta multidisciplinar que se impartirá a través de Elluminate, unha ferramenta de uso habitual no campus virtual da UDIMA, que combina en tempo real as posibilidades da videoconferencia, o chat ou as presentacións, entre outras aplicacións.
En total, serán máis de 30 os seminarios que se enmarcan nesta iniciativa, todos eles directamente relacionados coas disciplinas de Grao que imparte a UDIMA, entre as que destacan a Introdución ás Novas Tecnoloxías na Docencia e na Aprendizaxe (do Grao en Informática), e as mesas redondas sobre dereito e xornalismo no século XXI, profesións marcadamente tecnolóxicas pola obriga de adaptarse aos novos tempos e formatos.
A UDIMA oferta para xullo cursos TIC de balde
Compartir Este Artigo

