Fotografía de Netámbulo da pasada edición da Red InnovaMañá mércores, 15 de xuño, dará comezo en Madrid un dos encontros tecnolóxicos máis agardados polos blogueiros de fala hispana de todo o mundo, o Red Innova, que reunirá nun mesmo escenario a emprendedores, líderes de opinión, directivos, investidores, e todo tipo de profesionais do eido tecnolóxico, interesados en compartir experiencias, ideas e proxectos TIC. Tampouco faltarán os blogueiros máis senlleiros de Hispanoamérica, que nesta edición terán a oportunidade de participar nun peculiar concurso que premiará ao blogger máis orixinal, á mellor cobertura informativa en blogs e redes sociais e ao blogger que tome as mellares fotos do evento. A xornada, da que xa adiantamos detalles recentemente en Código Cero, contará coa presenza de Netámbulo, que será o blogger oficial desta edición, a terceira. Isto significa que o equipo de redactores da coñecida web, que xa estiveron presentes en prestixiosos congresos e eventos sobre tecnoloxía, redes sociais, Internet e ocio como SIMO, FICOD ou Campus Party, tamén van cubrir esta cita, transmitíndonos, a través da súa web e de Twitter, as novidades que se adianten nela. O evento desenvolverase durante dous días no Teatro Circo Price de Madrid, e na primeira xornada destaca a intervención de LuKe William, Bob Wollheim ou Umair Haque, que achegará as claves para crear novos e mellores negocios na Rede.