
Unhas e outras son sometidas a procesos de control e estudo pormenorizado a través dun sistema de supervisión que achega datos de valor “sobre cando, como e canto se está a utilizar cada aplicación dentro da organización”, infórmase dende a páxina web de Ineo. A ferramenta, que segundo informa Tecnocom presenta un cadro de mandos moi sinxelo e intuitivo, tamén permite mellorar a cuestión das licenzas ligadas a cada programa (identificando de que se pode prescindir) e o control dos custos referidos á adquisición de software e equipamento informático. Asemade, tamén subministra continuos e exhaustivos informes e alertas sobre o estado de cousas do ámbito TIC dunha empresa.
No que se refire ás súas características técnicas, dicir que a nova solución está baseada en requirimentos ITIL e que é compatible coa norma ISO 19770. Estes e outros elementos postos en xogo subministran “diversas vantaxes competitivas” e de maniobrabilidade.
Tecnocom lanza unha ferramenta para optimizar os activos TIC dunha empresa
Compartir Este Artigo
