
Aquelas persoas que opten polo primeiro, e que esta fin de semana se atopen por Compostela, teñen a oportunidade de asistir ao relatorio que Luis Huete ofrecerá na Facultade de Ciencias da Comunicación.
Trátase da última das charlas organizadas polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) no marco do Ciclo sobre tecnoloxía, liderado e intelixencia emocional, que leva por título Transformando organizacións ao ritmo dos mercados.
Huete, licenciado en Dereito e profesor de IESE Business School dende 1982, foi profesor nos programas Achieving Breakthrough Service e Advance Management de Harvard Business School (Boston), e participa regularmente en prestixiosos programas da ESMT de Berlín ou da ISEM Fashion Business School de Madrid, entre outras escolas de negocios.
No seu relatorio, que dará comezo a partir das 11:30 horas, este profesional mostrará de primeira man a súa experiencia como gurú do management, faceta que o levou a escribir nove libros de referenza en España.
No marco deste mesmo ciclo de charlas, o CPEIG xa convidou a Emilio Duró e a Enrique Dans, que achegaron a súa visión persoal sobre a tecnoloxía, o liderado e a intelixencia emocional, sendo este último, un factor cada vez máis importante para atopar o éxito empresarial.
Luis Huete pecha o ciclo de charlas tecnolóxicas do CPEIG
Compartir Este Artigo

