Esta mañá fíxose entrega do I Premio ao Espírito Emprendedor organizado pola Universidade de A Coruña en colaboración co Ministerio de Educación, nun acto presentado polo reitor da UDC, José María Barja, e polo vicerreitor de Ferrol, Luis Fernando Barral, destacando entre os gañadores Brais Pérez Prol, estudante da Facultade de Informática de A Coruña, co proxecto Plataforma Web de Publicidade e Financiamento.
O galardoado recibiu 2.500 euros para a análise e o estudo de viabilidade do seu proxecto, como tamén poderá facer Ángela Isabel Blanco Lesta, a outra gañadora do Premio polo seu proxecto Fume – Proxecto de Artes Escénicas.
O acto que tivo lugar na sala do Consello de Goberno da Reitoría pechou cun monólogp de Cristina Moreira Castro titulado Como xa dixo un xenio, todo o que non é tradición é plaxio.
Un alumno da FIC faixe co I Premio ao Espírito Emprendedor da UDC
Compartir Este Artigo
