Os responsables da publicación en liña de referencia do mundo do motor a nivel estatal, Diariomotor.com, comezan o mes de xullo cun novo proxecto, Tecmovia, unha publicación que recolle a actualidade e análises sobre 3 áreas do sector: coches de nova xeración (eléctricos, híbridos…), tecnoloxía relacionada co automóbil (prototipos, trebellos, sistemas de axuda á condución…) e mobilidade (mobilidade como servizo, mobilidade sustentable…).
A publicación galega Diariomotor xa trataba eses temas, pero grazas a Tecmovia ampliará a súa cobertura, o que queda claro nos primeiros contidos desta nova páxina web, como a análise do Renault Scénic dende o punto de vista da tecnoloxía que alberga (os paneis de información, o navegador TomTom integrado, a cámara traseira para axudar a estacionar o vehículo…) ou as probas do coche eléctrico Th!nk City.
Tecmovia responden así a uns importantes cambios no sector do motor, que aínda que son moi progresivos, están a dar pé a unha mobilidade sustentable na que as TIC están a xogar un importante papel, de xeito que tanto os motores eléctricos como o resto de tecnoloxías que están a contribuír á modernización dos automóbiles. Tratarse estes temas resulta de grande interese non só para os seareiros do mundo do motor, senón tamén para a cidadanía en xeral e os amantes da tecnoloxía, xa que case todo o que nos últimos anos viamos como innovacións, hoxe xa son tecnoloxías do día a día, polo que informarse das novidades contribúe a afacerse ao que nos depararán os vindeiros anos, e tamén poderán contribuír á hora de elixir o noso vindeiro vehículo (ou cando menos para que os cambios no sector que veremos nos vindeiros anos non nos pillen por sorpresa).
Tecmovia, nova publicación sobre a tecnoloxía relacionada co automóbil
Compartir Este Artigo
