A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) vén de facer efectiva a decisión tomada na súa última xuntanza, causando baixa no Cluster TIC de Galicia por considerar que o organismo non está a cumprir coas expectativas xeradas, nin aporta un valor significativo aos colexiados pese a supor unha grande carga económica.
Dende o Colexio non entenden cómo é posible que un colexio profesional teña que facer fronte a unha cota mensual de pertenza ao Cluster igual que a dunha empresas cunha facturación de 10 millóns de euros, polo que a Xunta de Goberno do CPETIG solicita ao Cluster TIC non ter que facer fronte a tal carga económica ou que a cota sexa só de carácter simbólico.
O CPETIG forma parte do Cluster TIC dende o primeiro momento, por agardar que podería ser un instrumento centralizador dos distintos estamentos e intereses do sector TIC galego, pero nas últimas semanas parece clara a desilusión por parte de distintos integrantes que veñen de abandonar a entidade, como EGANET e AGESTIC.
O CPETIG deixa o Cluster TIC Galicia
Compartir Este Artigo
