
Na edición dixital de SPIN tamén podemos atopar unha galería fotográfica con distintos artistas que explican o que Nevermind supuxo para eles e unha explicación sobre a fotografía que ilustra a portada do seu número de agosto.
A revista musical leva un tempo aproveitando os novos soportes para reinventarse, e como exemplo diso está a súa aplicación para iPad, que permite a adquisición de exemplares dixitalizados da publicación por 1,99 dólares (ou subscricións anuais por 7,99 dólares) que, aparte dos contidos da edición impresa, tamén integran ducias de entrevistas en vídeo e actuacións, e 60 cancións ao mes que poden escoitarse a través de streaming, o que supón un auténtico valor engadido.
SPIN ofrece un álbum tributo a Nirvana a través de Facebook
Compartir Este Artigo
