Krasis Press, editorial técnica da compañía viguesa Krasis especializada en tecnoloxías Microsoft, patrocina o Quinto Simposio Latinoamericano SharePoint 2010, que terá lugar na cidade de San José, en Costa Rica, o vindeiro 31 de agosto.
Baixo o lema Aprende-colabora-comparte a comunidade Microsoft reuniu aos máis prestixiosos expertos americanos e europeos en diferentes tecnoloxías, recoñecidos pola propia Microsoft co galardón MVP (Most Valuable Professional), para tratar os principais temas de actualidade relacionados con SharePoint: integración con Azure, Office 365, aplicacións con Silverlight, desenvolvemento de Workflows… Entre estes profesionais atópanse 2 dos autores da colección feed your brain de Krasis Press, Gustavo Vélez, MVP na disciplina SharePoint MOSS e Juan Carlos González, MVP en SharePoint Server.

Así, Krasis dá un paso máis na súa habitual política de patrocinios e colaboracións, pois, a pesar de estar presente en multitude de eventos nacionais organizados por comunidades de desenvolvedores de España (Second Nug, DotNetClub, CIIN, UAM…) nunca cruzara o charco para ofrecer o seu apoio a comunidades internacionais.
A galega Krasis participa no meirande evento de Microsoft SharePoint en América Latina
Compartir Este Artigo

