A Asociación de Empresas Galegas Adicadas á Internet e ás Novas Tecnoloxías (EGANET) continúa a incrementar o seu número de socios, adheríndose á mesma 5 empresas no último trimestre, que demostran así o interese das empresa en reforzar e unirse ao traballo que se está a desenvolver dende a Asociación.
As novas integrantes de EGANET serían: – Explica Ingenieros: empresa viguesa de servizos que axuden ás empresas a comercializar produtos de software avanzado, a prestar servizos tecnolóxicos e a vender, fabricar e distribuír a tecnoloxía de consumo máis avanzada. – PéZcalo: páxina web de venda de artigos de pesca deportiva que busca converterse nun referente no mercado. – Redegal: empresa de desenvolvemento informático, que centra a súa actividade no Software Libre, complementado con iniciativas FLOSS. – AGALIP: a Asociación Galega de Información Profesional é unha empresa compostelá especializada en consultoría e comunicación, e desenvolve contidos, estratexias de comunicación, e estudos de mercado. – Galebook: empresa de servizos lingüísticos no ámbito dixital nacida no seo da Universidade da Coruña.
EGANET suma 5 novos socios no último trimestre
Compartir Este Artigo
