Para facer cómodo o uso de ordenadores portátiles mentres estamos sentados no sofá hai tempo que se venden coxíns que illan as pernas da calor do equipo e permite un asentamento estable para o ordenador, e Targus quere agora levar este tipo de accesorio aos tablets, de xeito que incorpora ao seu catálogo o Targus Tap Lounge para o iPad 2, que facilita o uso do iPad en distintos ángulos de visión cando estamos sentados no sofá ou deitados na cama.
Este coxín para o iPad 2 está preparado para non amplificar o volume do altofalante do tablet e tamén inclúe un peto con cremalleira para poder gardar accesorios como uns auriculares. O seu prezo oficial é de 49,99 dólares,, pero é posible adquirilo nalgunha tenda en liña a un prezo máis reducido (en Amazon custa 30,83 dólares).
Targus comeza a comercializar un coxín para o iPad 2
Compartir Este Artigo

