
O equipo pode configurarse con baterías de entre 3 e 9 celas (segundo a autonomía que precisemos), pode adquirirse con distintas opcións de conectividade (incluíndo banda larga móbil por 3G ou WiMAX), funciona con Windows 7, inclúe gravadora de DVD, Gigabit Ethernet, Bluetooth 3.0, 3 portos USB 2.0, 1 porto USB/eSATA, FireWire, lector de tarxetas de memoria, saídas VGA e HDMI, lector de pegadas dixitais… toda unha chea de prestacións encerradas nun corpo de 323 x 221,7 x 30,9 milímetros que pesa 2,02 quilos (cunha batería de 6 celas), polo que ten unha mobilidade aceptable para un dispositivo das súas prestacións, aínda que teno difícil para competir cos tablets puros, que son moito máis manexables. O seu prezo parte dos 1.789 dólares (1.259,46 euros).
Dell incorpora ao seu catálogo un novo Tablet PC
Compartir Este Artigo

