A relevancia das plataformas sociais é cada vez maior, e para moitos usuarios estanse a converter nunha fonte de información moi importante, e esta tendencia vén de confirmala Comscore ao publicar que durante o último ano o tráfico dos xornais en liña europeos provinte de Facebook estivo preto de dobrarse.
Pare deducir isto dende Comscore colleron os datos dos 5 xornais europeos de máis éxito, entre os que destacou especialmente Bild.de, que pasou de recibir o 3% das súas visitas de Facebook ao 14%, sendo o xornal dos analizados que máis tráfico recibe desta plataforma.
Esta nova tendencia pode levar a moitos medios a repensar a súa estratexia en redes sociais, pois de xestionalas axeitadamente poden supor unha fonte moi importante de tráfico, podendo incrementar as impresións da súa publicidade e estreitando a súa relación cos lectores.
Facebook medra como fonte de tráfico dos xornais en liña
Compartir Este Artigo
