As vendas no Xapón da Nintendo 3DS están a achegarse ás da súa estrea tras baixar de prezoAínda que algúns analistas sostiñan que as baixas vendas da Nintendo 3DS estaban lastradas pola tecnoloxía 3D da súa pantalla, o cambio de tendencia tras a súa baixada de prezo (que en España foi de 249 a 169 euros) demostran que o grande problema da consola portátil era o seu elevado custo. Así, xa imos tendo datos de vendas no Xapón, e parece que a cousa non podería ir mellor, vendendo 196.077 unidades nunha semana (só superada pola semana de lanzamento, e a unha distancia abismal das 4.132 unidades da semana anterior ou das 40.389 unidades vendidas pola PSP de Sony) e incluso disparando as vendas de videoxogos, chegando a colocar 2 títulos entre os 10 máis vendidos: Super Pokémon Rumbleconseguiría una segunda posición con 86.294 copias e The Legend of Zelda: Ocarina of Time conformaríase cun 6º posto con 31.772 copias. No resto do mundo a Nintendo 3DS podería estar a ter uns resultados semellantes (aínda non hai datos oficiais), pero algunhas tendas en liña xa tiveron problemas de stock e dende a división europea de Ubisoft aseguran que as vendas de xogos para a 3DS teríanse multiplicado por 8 en Europa.