A duración das baterías nos nosos dispositivos móbiles é un problema difícil de solucionar, e cada vez xorden novas solucións imaxinativas para superar esta eiva, coma o calzado InStep NanoPower, que sería capaz de xerar 20 W de electricidade mentres camiñamos, o que podería servir para cargar a batería dun móbil ou un tablet (ou mesmo un ultraportátil). Esta solución podería integrarse na base do calzado, aproveitando a enerxía mecánica xerada ao camiña, aínda que tardaremos en ver esta tecnoloxía nunha fase comercial, pois neste momento aínda está en desenvolvemento.

Os investigadores tamén detectaron que a meirande parte do consumo eléctrico dos teléfonos móbiles está causado pola localización e conexión a puntos de acceso Wi-Fi e antenas de telefonía, polo que pensan integrar un unha especie de punto de acceso no calzado, o que segundo o físico Tom Krupenkin podería incrementar a autonomía da batería do móbil ata 10 veces.
Deseñan unha tecnoloxía para recargar baterías ao camiñar
Compartir Este Artigo
