Movistar incorporará ao seu catálogo de teléfonos móbiles o vindeiro 1 de setembro o novo smartphone BlackBerry Torch 9860, que poderá adquirirse por dende 79 euros, e que conta cunha pantalla de 3,7 polgadas (a máis grande dun móbil BlackBerry) e o sistema BlackBerry 7, co que RIM quere gañar en velocidade e fluidez con este dispositivo totalmente táctil e permite funcionalidades como a xestión separada dos contidos persoais e corporativo, unha navegación web mellorada (fai uso do motor WebKit) e a posibilidade de realizar buscas de voz.
Este novo móbil funciona cun procesador a 1,2 GHz, 768 Mb de RAM, 4 Gb de espazo de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb, pantalla táctil capacitiva de 3,7 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, cámara de 5 Mpíxeles capaz de gravar vídeo en alta definición a 720p, acelerómetro, compás dixital, sensor de proximidade, GPS, dobre Wi-Fi (opera nas bandas de 2,4 e 5 GHz), Bluetooth 2.1, batería de 1.230 mAh, unhas medidas de 120 x 62 x 11,5 milímetros e 135 gramos de peso.
Os usuarios residenciais de Movistar poderán facerse co novo terminal por 119 euros contratando un Planazo de Voz de 29,90 euors/mes e Tarifa Plana BlackBerry de 16 euros/mes (coa Tarifa Blackberry Reducida de 6 euros/mes e un Planazo Global de Voz o prezo será de 189 euros), mentres que os clientes corporativos poderán facerse co BlackBerry Torch 9860 dende 79 euros ao portarse a Tarifa Plana BlackBerry e un Planazo Global. No programa de puntos tamén estará dispoñible a partir de 6 euros (dependendo dos puntos acumulados).
Movistar achega a España o móbil BlackBerry Torch 9860
Compartir Este Artigo
