O cineasta Rob Spence xa ten operativa unha cámara no seu ollo dereitoA finais de 2008 soubemos que o cineasta Rob Spence tiña previsto que lle implantaran unha cámara de vídeo no sitio onde ata o momento tiña o seu ollo dereito (perdido nun accidente) para poder actuar como un lifecaster (xa que podería realizar auténticas gravacións en primeira persoa) e agora sabemos que o seu proxecto Eyeborg xa está en marcha grazas á xente de Square Enix, que co gallo do lanzamento de Deus Ex: Human Revolutionprepararon un pequeno documental sobre prostéticos e cibernética no que explican a historia de Spence.