Con Parallels Desktop pódese empregar unha aplicación de Windows baixo Mac OS X dando a impresión de estarmos ante unha aplicación nativaO vindeiro martes é a data de lanzamento que ten fixada a aplicación Parallels Desktop 7 para Mac, unha das solucións máis populares e completas para correr aplicacións de Windows dende Mac OS X (evitando a incomodidade de reiniciar o ordenador para cargar Windows no caso de precisar utilizar unha do sistema operativo de Microsoft) que agora actualízase para adaptarse a Mac OS X Lion, soportando os novos Launchpad e Mission Control, permitindo o acceso ás webcams tanto dende as aplicacións de Mac como nas de Windows e deixando usar ata 1 Gb de memoria de vídeo (para permitir grandes resolucións de pantalla e configuracións de alta calidade nas aplicacións de Windows). Parallels Desktop 7 tamén permite executar Mac OS X Lion nunha máquina virtualA aplicación tamén mellora o seu rendemento, de xeito que os gráficos en 3D irán ata un 45% máis rápido que en versións anteriores (o que agradecerán os que gusten de xogar no seu ordenador), o tempo de lanzamento de Windows acelérase ata un 60% e a copia de ficheiros con Windows mellora un 120%. Como curiosidade, tamén é posible executar Mac OS X Lion como sistema operativo convidado (o que entendemos que resulta práctico para realizar certo tipo de probas nun contorno controlado). Como en versións anteriores, tamén é posible acceder ás aplicacións de Windows e Mac OS X en remoto a través das aplicacións móbiles de Parallels para iPad e iPhone.