
Este dispositivo tamén ten unha boa autonomía (a súa batería de 5.100 mAh permítelle reproducir vídeo 10 horas seguidas) e funciona co sistema operativo Android 3.2. Pode ampliarse a súa capacidade interna mediante tarxetas microSDHC de ata 32 Gb, ten conectividade HSPA+ de ata 21 Mbps, Wi-Fi N, Bluetooth 3.0, USB 2.0, GPS, cámaras de 3 e 2 Mpíxeles e, pese a ter unha pantalla de reducido tamaño, pode reproducir vídeo en alta definición a 1.080p (inclúe soporte de DivX, Xvid, WMV, H.263, H.264 e MPEG-4).

A pantalla de alta resolución do Galaxy Note permite que sexa posible ver presentacións de PowerPoint, páxinas web, aplicacións de novas, libros electrónicos… minimizando o uso do desprazamento ou do zoom, e o seu procesador a 1,4 GHz garante unha fluidez de uso do seus sistema operativo Android 2.3. Tamén conta con conectividade móbil (HSPA+ de ata 21 Mbps), cámaras de 8 e 2 Mpíxeles, reprodución multimedia (soportando ata vídeos en alta definición a 1.080p), GPS, Wi-Fi N, Bluetooth 3.0, USB 2.0, 16/32 Gb de memoria interna (ampliable mediante tarxetas microSDHC de ata 32 Gb), unhas medidas de 145,82 x 82,95 x 9,65 milímetros e unha batería de 2.500 mAh.
Vídeo de presentación do Samsung Galaxy Note
Samsung presenta dispositivos Android con pantallas de 7,7 e 5,3 polgadas
Compartir Este Artigo

