
Polo momento coméntase que o tablet de Amazon de 7 polgadas tería pantalla multi-táctil a cor (aínda que con soporte de só 2 dedos simultáneos), procesador dun único núcleo, conectividade Wi-Fi, 6 Gb de almacenamento interno (enténdese que estaría orientado á Rede), unha carcasa traseira resistente, sistema operativo Android 2.2 coa tenda de aplicacións de Amazon e cunha interface tipo semellante ao Cover Flow de Apple, aplicación musical con acceso a Amazon Cloud, acceso optimizado á tenda en liña de Amazon e un par de curiosas ausencias (non tería nin cámaras nin botóns frontais).
Este produto podería considerarse como o primeiro competidor de peso para o iPad, non polo seu hardware, senón porque tamén forma parte dun completo ecosistema, onde Amazon controlará as aplicacións e os contidos dispoñibles para o tablet, á vez que parte dunha base de clientes impresionante (Amazon é a tenda máis grande do mundo), buscará ter unha interface moi sinxela (para que calquera usuario poida manexar o seu dispositivo) e gozaría dunha integración na nube da que polo momento carecen o resto de tablets no mercado.
Amazon podería estrear tablet este mesmo ano
Compartir Este Artigo
