O representantes comerciais para España e Portugal de Sonimtech, asentados en Galicia, veñen de comunicarnos que o seu teléfono móbil Sonim XP3300 Force acadou hai un par de semanas o recoñecemento do Teléfono Máis Resistente do Mundo por parte do Libro Guinness dos Records, xa que o seu terminal ultra-reforzado conseguiu sobrevivir a unha caída de proba de 25 metros sobre o cemento, sen sufrir ningún dano no seu funcionamento.
A anterior marca rexistrada polo Guinness estaba en 3,25 metros, pois os terminais tenden a estar deseñados para caídas de pouco máis dun metro de altura, o que non parece suficiente para certos contornos (como obras ou mesmo bosques), de aí que o Sonim XP3300 Force leve a súa resistencia máis aló doutros terminais que cumpren coas especificacións de grao miliar, de xeito que poden sobrevivir a caídas, soportan que un coche pase sobre eles e incluso poden superar a submersión en xeo.

Reportaxe sobre o recoñecemento acadado por Sonimtech
Recoñecen ao Sonim XP3300 Force como o teléfono móbil máis resistente do mundo
Compartir Este Artigo
