
A subida de contidos sen límite de duración xa estaba a aplicarse de xeito selectivo a moitos usuarios de YouTube, polo que a xeralización desta medida xa era esperada, pero a incorporación dun sistema que fai compatibles os vídeos 2D co formato de YouTube 3D é toda unha sorpresa, pois aínda que actualmente moitos televisores e monitores 3D inclúen a prestación de simular o 3D en vídeos 2D, o feito de que YouTube dea este paso facilita este salto (aínda que amosando uns resultados dunha calidade moi inferior a unha gravación cunha cámara 3D).
A incorporación de Vlix e Magisto a YouTube a través da opción de Crear vídeo fai que sexa doado aplicar efectos de vídeo e engadirlles texto (con Vlix) así como facer dun xeito moi doado vídeos moi divertidos coas nosas gravación (con Magisto) sen precisar de coñecementos de montaxe de vídeo.
YouTube permite converter en 3D os nosos vídeos 2D
Compartir Este Artigo
