
Con todo, a converxencia co resto de España segue a ser unha materia pendente, entre outras cousas debido aos seguintes factores, achegados por Modernización: o envellecemento da nosa poboación, o espallamento demográfico e unha orografía especialmente complexa. Deste xeito, na nosa terra, “o 34,5% da poboación ten máis de 55 anos fronte ao 27,7% de España e as 7 grandes cidades de Galicia só concentran o 35,7% da poboación. Isto unido a unha retrasada posición de partida con preto de 800.000 galegos sen posibilidade de acceso á Rede fan que Galicia siga ocupando as últimas posicións no conxunto do Estado”, sinala a Secretaría Xeral. O departamento da Xunta, para pórlle remedio a esta situación de desvantaxe ten varias medidas postas en marcha, ao abeiro do Plan de Banda Larga.
Segundo a análise realizada polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (Osimga) a Comunidade experimenta un crecemento superior á media estatal na contratación e uso de Internet, no equipamento de ordenador e nas compras a través da Rede, mantendo a súa posición destacada no uso da Administración Electrónica e das redes sociais. “A Comunidade reduciu a fenda dixital coa media estatal en 2,5 puntos no uso de ordenador e en 2 puntos no uso de Internet”, sinala a Secretaría Xeral, ao que engade que “os nenos galegos de 10 a 15 anos manteñen a súa vantaxe sobre os do resto do Estado no uso de ordenador, Internet e telefonía móbile obsérvase unha importante evolución da conexión a Internet nos concellos de menos de 10.000 habitantes que experimentan un crecemento dun 18,6% no último ano”.
Modernización informa dos avances da nosa terra en materia de redes e, tamén, do que queda por facer
Compartir Este Artigo
