Logitech vén de incorporar ao seu catálogo un accesorio chamado Logitech Wireless Speaker Adapter for Bluetotoh audio devices, que está á venda por 39,99 euros, e que facilita o uso dos nosos altofalantes favoritos nun sistema de son sen fíos para un smartphone ou un tablet (ou calquera outro dispositivo con Bluetooth). Este sistema o que faría sería recibir o son sen fíos dun dispositivo Bluetooth e transmitilo ás súas saídas (un par de conectores RCA ou unha toma de auriculares de 3,5 mm) de xeito que poderíamos empregar uns altofalantes ordinarios para recibir o son dun dispositivo sen fíos, o que resulta especialmente útil para cando queremos ter unha boa reprodución musical partido do noso móbil, e librándonos da incomodidade dos cables.
Logitech facilita a recepción de son por Bluetooth dende os nosos altofalantes favoritos
Compartir Este Artigo

