A Xunta comezou esta semana presentando as novidades máis recentes no seu portal corporativo, logo de transcorrido un ano dende a remodelación inmediatamente precedente. Os novos elementos incorporados á web www.xunta.es, informa a Secretaría Xeral de Modernización, responden á unha necesidade ben clara: a de conseguir que web en cuestión estea virtualmente viva, en continua evolución, adaptándose aos cambios e tendencias da Sociedade do Coñecemento e, máis polo miúdo, “dando a resposta máis eficaz posible ás novas necesidades da cidadanía”.
As melloras, informa ao Goberno galego, compleméntanse cos obxectivos do Decreto que regula a presenza da Administración en Internet, unha iniciativa da que falamos a semana pasada nesta web e que ten que ver, entre outras cousas, co busca de novos xeitos de participarmos, como cidadáns, coas administracións. Asemade, o Decreto diríxese a pór ao portal como “a porta de entrada a toda a rede de portais institucionais e á totalidade de servizos participativos da Xunta”.
A isto responden, precisamente, as remodelacións amosadas na nova versión da web: á busca da utilidade e de información visible. Xa nun eido máis concreto, o novo portal achega un reforzamento do espazo e! e unha reformulación do menú principal “como sección que aglutina os servizos de eAdministración da Xunta, entre eles a sede electrónica que entrou en funcionamento hai tres semanas ou o acceso ao DOG dixital”. Asemade, tamén se mellorou a presenza das ligazóns ás consellerías e, dentro delas, os accesos aos servizos de meirande uso entre a cidadanía, servizos agrupados agora por áreas temáticas.
“Con estas melloras”, informa Modernización, “búscase converter o portal nun espazo cada vez máis intuitivo, sinxelo e accesible ao cidadán e acadando cada vez maiores cota de interactividade e potenciando o uso das redes sociais como canle de diálogo, participación consulta e opinión”. Ao isto responde, precisamente, a presenza da Administración galega nos devanditos espazos 2.0, espazos (Facebook, Twitter, Tuenti, Flickr, Youtube e Vimeo) nos que achegan información e comunicación ata 15 departamentos da Xunta.
Novidades no portal corporativo da Xunta na procura dunha meirande utilidade
Compartir Este Artigo
