Co principal obxectivo de fomentar o desenvolvemento económico de Vigo e a súa área de influencia, o Estado Español creou no 1947 o Consorcio da Zona Franca de Vigo, unha das catro zonas francas de España e a única de todo o Atlántico Norte, que hoxe aposta pola integración plena das TIC no seu seo.
Só desta maneira, e así o fai saber na súa web, o Consorcio pode lograr situar a Vigo “na vangarda do desenvolvemento”, e consolidar a cidade como “líder en innovación tecnolóxica e xeración de riquezas”.
Xa que logo, e para non perder a súa praza no tren das novas tecnoloxías, a entidade vén de confeccionar un boletín dixital de noticias I+D+i do sector, que lle envía puntualmente ás súas persoas de confianza, e que vai xa polo número 4.
No interior deste último boletín, o Consorcio Zona Franca de Vigo adianta algúns dos encontros sobre información de financiación de I+D+i e encontros para o fomento da colaboración empresarial que se van celebrar no vindeiro mes de novembro, así como información sobre axudas á I+D+i, premios e subvencións para empresas tecnolóxicas.
O Consorcio Zona Franca de Vigo crea un boletín electrónico de seu sobre I+D+i
Compartir Este Artigo

