Parece que os móbiles con Windows Phone 7.5 van poder gañarse un espazo no mercado grazas ao seu deseño e un prezo agresivo, que non só aplicará Nokia, senón que tamén Acer sumarase a tal tendencia co seu Acer Allegro, terminal que terá un prezo libre de 299 euros e poderá adquirirse en branco ou negro.
Este móbil funciona cun procesador Qualcomm MSM8255 a 1 GHz, pantalla LCD de 3,6 polgadas cunha resolución de 480 x 800 píxeles, 8 Gb de almacenamento interno, cámara de 5 Mpíxeles con flash LED, Bluetooth 2.1, Wi-Fi N, A-GPS, un peso de 126 gramos e batería de 1.300 mAh, que coa tecnoloxía Fast Charge pode cargarse 2,5 máis rápido que o resto de móbiles con Windows Phone segundo o seu fabricante.
Acer presenta un móbil económico con Windows Phone 7.5
Compartir Este Artigo

