
José Antonio Campo Andión apuntou que a páxina web do IGE ten na actualidade tres widgets. O primeiro refírese aos principais indicadores económicos de Galicia, que permite levar a calquera páxina web a última información sobre os datos que serven para seguir a evolución da economía da autonomía.
O segundo widget facilita incrustar gráficos na web sobre os principais indicadores conxunturais da economía galega, mentes que o terceiro permite facer o mesmo en relación aso datos máis salientables dun concello.
Se, polo contrario alguén está interesado en información do seu concello continuamente actualizada e incrustada na súa web ou blog pode consultar o apartado de principais indicadores municipais.
Esta iniciativa enmárcase no obxectivo global da Xunta de Galicia de potenciar a Administración electrónica e así está recollido no Plan Estratéxico 2010-2014 – Galicia 2020, cun eixe específico dedicado a acadar unha Administración austera, eficiente e próxima ao cidadán.
O IGE facilita a incrustación de información estatítica sobre Galicia en webs e blogs
Compartir Este Artigo
