Díptico informativo do cursoO Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, coa colaboración da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia, organiza un curso formativo co título Xornalismo e redes sociais, as novas ferramentas da comunicación. A inscrición é gratuíta para colexiados e colexiadas do CPXG.
O curso vai desenvolverse o día 26 de novembro no Centro Social Novacaixagalicia de Vigo, situado na rúa Policarpo Sánz, nº 24, en horario de 10:30 a 14:00 pola mañá e de 16:30 a 18:00 pola tarde.
As persoas interesadas en asistir ao curso deben enviar un correo electrónio a xornalistas@xornalistas.com co nome, número de colexiado e teléfono de contacto antes do 24 de novembro. O número de prazas é limitado, polo que serán outorgadas por rigorosa orde de chegada.
O programa vai comezar coa conferencias de Carlos Toural, xornalista e membro do grupo Novos Medios da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, centrada Os xornalistas ante as redes sociais: usos e abusos; para continuar con Javier Varela, consultor de Mercadotecnia, Estratexia e Comunicación 2.0 en toctocmedia, que falará das Estratexias e oportunidades do xornalismo na era dixital. Á tarde, Rubén Bastón, Social Media Director da axencia de marketing dixital Elogia, pechará o curso cunha charla arredor da Importancia do personal branding no futuro do xornalismo.
O Colexio de Xornalistas organiza un curso sobre Xornalismo e Redes Sociais
Compartir Este Artigo
