A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, recibiu hoxe ao novo presidente do Cluster TIC Galicia, Gerardo Crespo, nunha primeira toma de contacto tras a renovación do equipo directivo da asociación que pretende vertebrar o macro-sector galego das TIC, que actualmente supera os 60 membros entre os que figuran empresas, asociacións empresariais e colexios profesionais.
Crespo trasladou á secretaria xeral que coa nova etapa principiada no Cluster TIC Galicia procuran manter a colaboración coa Xunta de Galicia “para reforzar a entidade e impulsar o seu papel aglutinador do sector tecnolóxico galego”. Tamén incidiu en que o Cluster “non é unha estrutura da Administración senón unha entidade independente e que son os propios empresarios os que deben apostar por ela, aunando esforzos e apostando pola cooperación, aínda que cada un teña os seus lexítimos intereses”.
Mar Pereira recibiu ao novo presidente do Cluster TIC Galicia
Compartir Este Artigo
