
O estudo revela que Galicia conta cun sector tecnolóxico con capacidade de crecemento e co reto de avanzar na súa internacionalización. A enquisa afonda ademais noutros aspectos como o nivel de emprego, o grao de innovación do sector, as actividades formativas relacionadas coas tecnoloxías ou a percepción estratéxica do sector e as prospectivas de mercado
As empresas tecnolóxicas galegas experimentan unha evolución positiva nun aspecto fundamental para o seu futuro, a Innovación. Os últimos resultados das enquisas do OSIMGA veñen a constatar que as empresas TIC galegas están a apostar firmemente polo potencial da innovación: No período 2008-2010, case o 26% das empresas desenvolveron actividades de I+D+i investindo máis de 40 millóns de euros. No período 2008-2010, un 42,1% das empresas TIC introduciu innovacións nos seus bens e un 34,1% incorporou servizos novos ou mellorados un 13,1% das empresas TIC galegas dispoñen de certificación de calidade.
Ademais, cada vez existe maior constancia por parte dos traballadores da necesidade de formación para adaptarse ás cambiantes necesidades do sector. Así o reflicte o importante incremento acadado na porcentaxe de traballadores que asistiron a actividades formativas TIC promovidas polas empresas, pasando do 61,5% no 2008 ao 79,1% no 2010. As principais áreas de interese en formación TIC son: a administración de sistemas operativos, seguridade informática, protección de datos e redes e sistemas de telecomunicacións.
O sector TIC galego xerou 2.287 millóns de euros en 2010
Compartir Este Artigo
